Tras crear o logo, puxémonos mans á obra nunha páxina web donde ofrecer o noso servizo. Como non, nela incluimos diferentes aspectos, dende unha presentación da empresa, explicación das doacións, fotos dos antigos proxectos e do actual (deste tamén aparecerán planos, carteis, folletos e todo a información necesaria), forma de contactar con nós. etc...
Estamos tentando enfocar a páxina web en deseño de interiores simplemente, aínda que todo o que estamos facendo en realidade é, como quen di, deseño gráfico.
De momento estanos parecendo un proxecto moi interesante donde estamos aprendendo moitas cousas e,sobre todo, estamos aprendendo a valorar todo o traballo de toda esa xente que está detrás das pantallas creando todos os días o que nós creamos este mes e o que crearemos nun futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario